Batalla de Clavijo

Tímpano da Batalla de Clavijo, na Catedral de Santiago.
Castelo de Clavijo.

A Batalla de Clavijo, é un mítico enfrontamento que se considerou durante moito tempo unha das máis célebres batallas da Reconquista, dirixida polo rei Ramiro I de Asturias contra os musulmáns. A batalla teríase producido no denominado Campo da Matanza, nas proximidades de Clavijo, A Rioxa, o 23 de maio do ano 844.[1] As súas características míticas (a intervención milagrosa do apóstolo Santiago), a súa condición de xustificación do Voto de Santiago, e a revisión que desde o século XVIII supuxo a crítica historiográfica de Juan Francisco Masdeu, fixeron que hoxe en día sexa considerada máis ben unha batalla lendaria, cuxa inclusión nas crónicas se debería ao arcebispo Rodrigo Jiménez de Rada, e que incluiría, mesturando e mitificando, datos doutras batallas de diferentes momentos e lugares,[2] aínda que é en grandes trazos, a mitificación da segunda batalla de Albelda.[3] Segundo o Diccionario de Historia de España, "a existencia desta batalla nin sequera expresase a un historiador serio".[4] Porén, a batalla seguiu sendo celebrada como un elemento de conformación da historia nacional española.[5] O que si sabemos, polas Crónicas Najerenses, é de campañas de Ramiro contra os árabes, mentres que as crónicas de Abderramán II falan de campañas mouras en Áraba, pero unhas e outras coinciden nas fortes loitas na área rioxana. Máis concretamente, as fontes asturleonesas contan que Ordoño I, o fillo de Ramiro I, cercou a cidade de Albelda e estableceu a súa su base no Monte Laturce, é dicir, o mesmo lugar onde a lenda sitúa a batalla de Clavijo. E os achados arqueolóxicos non deixan lugar a dúbidas: en Albelda combateuse, e moito. Tamén é a referencia histórica que Henrique IV de Castela e posteriormente o resto de monarcas empregaron para a creación e confirmación de privilexios ao Antigo e Ilustre Solar de Tejada, único señorío que mantívose desde entón ata a actualidade.

  1. Martínez Díez, Gonzalo (2005). El Condado de Castilla (711-1038): la historia frente a la leyenda I. 2 volames. Valladolid. p. 143. ISBN 84-9718-276-6. Referíndose á batalla de Albelda, o historiador Martínez Diez dí: 'Esta sería la única, auténtica e histórica batalla de Albelda, la que dio lugar más tarde a la legendaria batalla de Clavijo con aparición del apóstol Santiago y otros episodios maravillosos'. 
  2. Batalla de Clavijo en Enciclopedia Libre Universal en Español. Cita como fontes Juan Francisco Masdeu.-Historia Crítica de España; Valladares Seminario Erudito; Don Francisco Rodríguez de Ledesma Diploma de Ramiro I, Madrid, 1805; e Memoria de la Academia de la Historia, Tomo 4º.
  3. J.J. Sayas Abengochea y L.A. García Moreno, 1981, Historia de España dirigida por Manuel Tuñón de Lara II. Romanismo y Germanismo: el despertar de ls pueblos hispánicos. Labor, Madrid.
  4. Ed. Germán Bleiberg, 2ª ed., Madrid, Alianza, 1981, ISBN 84-206-5298-9.
  5. "1121 Aniversario de la batalla de Clavijo año 1965". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2014. Consultado o 04 de maio de 2016. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne